Shopping security
A obra reconstrúe os feitos históricos arredor da Marcha Internacional pola Paz en Centroamérica, unha iniciativa pacifista que tivo lugar nos anos oitenta nun contexto xeopolítico de extrema violencia.
“O inferno abría portas en América Central e as lapas abrollaban acotío, sen desmaio, nas páxinas da prensa internacional e local, nos informativos de todas as emisoras de radio e televisión.
A iniciativa da Marcha Internacional pola Paz en Centroamérica partira dun grupo de pacifistas noruegueses na primavera de 1984, e a convocatoria cubriu etapas de difusión con rapidez, aínda que daquela non había internet nin móbiles.”
En palabras do autor, este libro reivindica e quere ser parte do antigo grito pola paz contra o pregón actual da guerra, esa antigalla.
Primitivo Carbajo, de orixe zamorana, traballou como xornalista en medios da Coruña e Vigo, de guionista en programas da TVG, colaborou en cabeceiras de variada caste e foi corresponsal dalgunhas revistas e xornais alén do Telón de Grelos. De El País, 17 anos, ata 2012. Foi director de Comunicación da Universidade de Vigo (1999-2005), fundador do pioneiro Duvi, o seu diario dixital, e é coautor, con Luis Pita, da biografía non autorizada Paco Vázquez, a pegada dun príncipe (Xerais, 1993).
___
Editorial: Morgante 06-2024
Idioma: galego
Páxinas:: 284
AMÉRICA CENTRAL
CRÓNICA
HISTORIA
POLÍTICA
VIAXES
Ships within 48 hours · Estimated delivery Jul 16 - Jul 21
US$40
Get nowSign up to your membership to get coupons up to
15%
Get nowOpportunity to enjoy order discount up to 15% off
Top-Converting Item to Boost Your Average Order