Shopping security
O 25 de xullo de 1948 Castelao pronunciou o discurso Alba de Gloria no Teatro Arxentino, como colofón das Xornadas Galegas que organizara o Centro Galego de Bos Aires, causando un forte impacto na audiencia.
“A alocución de don Alfonso R. Castelao, pola beleza da forma e pola fondura dos conceptos, cativou os asistentes a este gran acto que enchían toda a sala e que premiaron a disertación do Sr. Castelao con aplausos que o interromperon algúns instantes e que se fixeron máis extraordinarios ao finalizar o orador a súa Alba da Groria”.
------
O día 25 de xullo de 1948 Castelao pronunciou o seu derradeiro gran discurso público. Os fados quixeron que fose en data tan propicia á emotividade, diante dunha enfeitizada audiencia de emigrados e exiliados galegos en Buenos Aires que enchía o Teatro Argentino, no festival organizado polo Centro Gallego para celebrar o Día de Galicia. Esa “Alocución Patriótica”, como recolleu A Nosa Terra mesmo a seguir e que axiña sería referida co acaído título de “Alba de gloria”, converteuse en algo máis ca un discurso: considerada por amplo consenso peza cimeira da oratoria galega, engade un altísimo valor simbólico por culminar unha actividade pública en que Castelao se distinguiu especialmente, cunha capacidade de convocatoria e de empatía sen parangón, mais tamén porque o pensamento que transmite está na cerna do relato identitario da Galicia contemporánea.Algo máis que un discurso
Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega
____
Editorial: Consello da Cultura Galega|Galaxia 2018Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 21 - Jun 26
US$40
Get nowSign up to your membership to get coupons up to
15%
Get nowOpportunity to enjoy order discount up to 15% off
Top-Converting Item to Boost Your Average Order