20% OFF shipping at www.midwoodautocraft.com on orders over $79 + up to 10% OFF products
www.midwoodautocraft.com
home > GRIAL 223 > GRIAL 223
download picture
GRIAL 223Victoria lvarez Ruiz de Ojeda: Camios explorados Non a primeira vez que GRIAL dedica atencin especial a unha figura das nosas letras ou da nosa filoloxa: Otero Pedrayo, Vicente Risco, Castelao, lvaro Cunqueiro, Ramn Pieiro, lvarez Blzquez, Lus Seoane Nos ltimos tempos mesmo a personalidades mis prximas (Xohana Torres, Carlos Casares, Anxo Rei Ballesteros) ou mesmo a obras e acontecementos que por unha razn ou por outra merecen este tratamento
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols
Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda: Camiños explorados    

Non é a primeira vez que GRIAL dedica atención especial a unha figura das nosas letras ou da nosa filoloxía: Otero Pedrayo, Vicente Risco, Castelao, Álvaro Cunqueiro, Ramón Piñeiro, Álvarez Blázquez, Luís Seoane… Nos últimos tempos mesmo a personalidades máis próximas (Xohana Torres, Carlos Casares, Anxo Rei Ballesteros) ou mesmo a obras e acontecementos que por unha razón ou por outra merecen este tratamento (centenario da Real Academia Galega, lembranza editorial de A esmorga, centenario das Irmandades da Fala), de dentro e de fóra de Galicia (centenario da reforma protestante, Albert Camus e James Joyce…). GRIAL subtitulouse dende o principio como “Revista Galega de Cultura”, e como tal concibe cada número dun xeito aberto tanto temática como xeograficamente. Tamén xeracionalmente. O apartado monográfico deste número vai dedicado a unha filóloga das novas xeracións, Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda (Vigo, 1961-2018), que se formou e desenvolveu a súa actividade académica como investigadora moi preto de nós, e que nos deixou prematuramente, moi prematuramente, apenas con 57 anos. A lembranza que GRIAL lle dedica nestas páxinas ten, xa que logo, un algo de extraordinario, polo recoñecemento que supón do seu traballo como investigadora e estudosa da literatura, mais tamén como representante dunha nova xeración que se incorporou aos estudos filolóxicos e literarios contra finais do pasado século, e que está a dar agora os froitos máis granados. Non se trata de dar nomes. Sería inxusto esquecer algún. Mais están na mente de todos e agardamos moito deles. Mágoa que Victoria non puidese continuar un labor que xa dera tantos logros. O profesor Alonso Montero, que foi o seu compañeiro durante anos, fai algúns apuntamentos dos traballos de Álvarez Ruiz de Ojeda, da súa bibliografía, da súa metodoloxía e, máis principalmente, das liñas de investigación que a ocupaban. Haberá que agardar a que moitos deses traballos, éditos e inéditos, estean ordenados para poder presentalos ao público, mais as preocupacións, os temas que interesaban á investigadora, a súa curiosidade literaria e intelectual por determinados asuntos e determinados autores anótanse nas presentes páxinas, senón nos textos que ofrecemos si como noticias e referencias. A obra de Victoria aínda está por ordenar. Agradecemos a posibilidade de publicar seis inéditos que amosan liñas diferentes de investigación: Rosalía de Castro, Federico García Lorca, Valle-Inclán, a literatura portuguesa, representada neste caso por Eça de Queiroz, as relacións entre as linguas e literaturas do Estado (a través de Gabriel Aresti) e achegas críticas a autoras contemporáneas, a obra de Begoña Caamaño, por exemplo, tamén recente e prematuramente desaparecida. Os traballos sobre Rosalía de Castro teñen unha significación especial. As investigacións de Álvarez Ruiz de Ojeda, que xa presentara a súa memoria de licenciatura sobre a cantora do Sar en 1986, son especialmente relevantes e acadaron nos últimos tempos non só importante difusión, senón influencia notable noutros estudos, sobre todo de carácter biográfico, na medida en que recuperaron textos, documentos, testemuños que deitan unha nova luz sobre a personalidade da autora de Follas novas, unha nova personalidade, case que un novo discurso biográfico sobre a nosa escritora fundacional. Só por esas contribucións, desgraciadamente non rematadas, aínda que moi avanzadas, Álvarez Ruiz de Ojeda merecería xa unha atención senlleira nestas páxinas. Non queremos deixar de citar a memoria de Xoán González-Millán (O Grove, 1951-Nova York, 2002) que inesperadamente finou tamén ben novo, con 51 anos, cando máis prometía o seu traballo. Dalgún xeito os nomes de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda e Xoán González-Millán aparecen unidos non só pola súa desaparición prematura, senón polo que ambos os dous anunciaban na súa produción intelectual, e mesmo pola influencia que, cada quen no seu ámbito, tiveron noutros investigadores. Os traballos sobre a figura, a biografía e a personalidade de Rosalía de Castro, a interpretación de moitos aspectos da súa obra, as súas relación familiares etc., podemos dicir que teñen un antes e un despois logo das pescudas de Ruiz de Ojeda. Así o salientou en varias ocasións a profesora Dolores Vilavedra, coordinadora deste monográfico. Nos seis textos inéditos que presentamos neste número salientan figuras tan descoñecidas e, non obstante, tan importantes no seu momento como o pontevedrés Víctor Said Armesto (1871-1914), finado prematuramente tamén, apenas con 43 anos, cando estaba a piques de tomar posesión da primeira cátedra de Lingua e Literatura Galego-portuguesa na Universidade Central, en Madrid. Dende a capital de España, Said Armesto foi un dos promotores da creación da Real Academia Galega en 1905, aínda que nunca chegou a formar parte da corporación, por ter fixada a súa residencia naquela  cidade. Contemporáneo e amigo de Casto Sampedro, outra figura sobranceira dos estudos do folclore e a arqueoloxía, foi un dos primeiros eruditos especializados no cancioneiro popular e nas raíces históricas da nosa literatura. A Said Armesto debemos, entre outras curiosas achegas, o estudo das raíces galegas (para el, célticas) do mito de don Juan Tenorio.  Na actualidade os seus papeis, manuscritos orixinais (algúns deles inéditos), noticias e importantes documentos están depositados na Fundación Barrié. Diego Rodríguez publicou no seu momento algún texto escrito da man de Rosalía de Castro recollendo coplas populares, procedente dos fondos da devandita Fundación. O traballo de Victoria, que abre a serie dos seus inéditos, trata da relación entre as dúas figuras: Rosalía de Castro e Víctor Said Armesto, que por razóns cronolóxicas non se coñeceron persoalmente, pero si a través das familias e, sobre todo, a través das relación entre Armesto e Manuel Murguía. Parece moi difícil explicar a primeira biografía rosaliana, a de González Besada (1916), sen os traballos previos e as achegas que deixou preparadas Said Armesto antes do seu falecemento. Valle-Inclán, noticias de Rosalía de Castro en Eça de Queirós, a sempre apaixonante e apaixonada cuestión dos Seis poemas galegos, de Federico García Lorca (coa documentación de Eduardo Blanco Amor depositada nos fondos da Deputación de Ourense), son outros temas que se abordan nesta selección de inéditos, onde se dá conta sobre todo da pulcritude, liberdade, esixencia crítica e a metodoloxía de traballo da nosa investigadora. Ademais das seccións habituais da revista, que xa coñecen os nosos lectores, incorporamos neste número 223 dous traballos que consideramos de interese no ámbito da socioligüística, máis concretamente nos espazos de relacións da familia galego-portuguesa. Nesta ocasión, presentamos noticias da República Democrática de Timor-Leste, independente dende o ano 1975, situada na parte oriental da illa de Timor, en Indonesia, a onde os portugueses chegaron no ano 1510. Dende aquela e ata 1975 foi colonia portuguesa. Entre 1975 a 1999 estivo ocupada por Indonesia. Estamos a falar de 1.200.000 habitantes aproximadamente. Os profesores Ana Isabel Silva e João Carrilho Silva abordan a complexa realidade sociolingüística da república, onde coexisten (non necesariamente conviven) o portugués, o tétum (800.000 falantes) e o indonesio. O Goberno timorense elaborou en 2011 un Plano Estratégico Nacional de Educacão, no horizonte do ano 2030, que intenta estabilizar unha realidade complexa onde o portugués e o tétum son linguas oficiais, mais a pegada do indonesio tamén está presente. As linguas son realidades vivas e do seu coñecemento (e estudo) cómpre saber tirar conclusións.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

GRIAL 223

Item no : 5972186129
sold recently : Login >>
US$ 12.00
Pay in 4 interest-free payments of $3.00 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 21 - Jun 26

Enjoy 20% off shipping

US$ 12.00

1-11

US$ 10.80

12-35

US$ 8.40

36-59

US$ 7.20

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches