20% OFF shipping at www.midwoodautocraft.com on orders over $79 + up to 10% OFF products
www.midwoodautocraft.com
home > GRIAL 233. O GALEGO: DESAFÍOS DO PRESENTE > GRIAL 233. O GALEGO: DESAFÍOS DO PRESENTE
download picture
GRIAL 233. O GALEGO: DESAFÍOS DO PRESENTEO galego: no punto de inflexin? Henrique Monteagudo Galicia a comunidade europea con maior arraigo dunha lingua minorizada. Mis do 95 por cento dos galegos declaran entender o idioma do pas e arredor do 90 por cento afirman saber falalo. Catro de cada dez teno como lingua inicial, por tres de cada dez que teen o casteln e un de cada catro que aprenderon a falar nos dous idiomas. De cada dez galegos, catro alternan o uso das das linguas no da a da,
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

O galego: no punto de inflexión?

Henrique Monteagudo

Galicia é a comunidade europea con maior arraigo dunha lingua minorizada. Máis do 95 por cento dos galegos declaran entender o idioma do país e arredor do 90 por cento afirman saber falalo. Catro de cada dez téñeno como lingua inicial, por tres de cada dez que teñen o castelán e un de cada catro que aprenderon a falar nos dous idiomas. De cada dez galegos, catro alternan o uso das dúas linguas no día a día, tres falan só en galego e dous só en castelán. Claro está que por debaixo desas cifras se agochan fondos desequilibrios, pois a distribución do uso das dúas linguas é moi desigual segundo o status social e o lugar de residencia. Con todo, o máis preocupante de cara ao futuro é a drástica minorización do galego nos grupos máis novos. Sobre estes se coloca o foco dunha boa parte dos traballos do dossier deste número de GRIAL.

Corenta anos de autonomía e trinta e cinco de Lei de normalización lingüística non conseguiron reverter a perda de falantes do idioma, e hoxe a xente nova en teoría sabe máis e mellor galego ca nunca, pero na práctica fálao menos e peor cá xente maior. As presións contextuais fan que a converxencia cara ao castelán e o cambio a prol deste sexan as alternativas máis fáciles e “naturais” para os e as galego falantes. De maneira inversa, os condicionamentos ambientais son en xeral pouco propicios ou abertamente adversos para que os e as castelanfalantes desenvolvan prácticas lingüísticas en galego, de maneira que estas esixen unha motivación individual moito maior que aquelas. De máis a máis, a viraxe regresiva da política lingüística e dos discursos públicos sobre as linguas en Galicia e en España constatada a partir de 2009 tivo uns efectos demoledores, ao provocar a (re)activación de prexuízos estigmatizadores cara ao galego e os seus falantes, un incremento da desigualdade e a creación dun clima de resentimento entre os distintos grupos sociolingüísticos. Porén, nos últimos tempos, talvez como reacción ante o desgaste do neoliberalismo e o auxe da extrema dereita ultra-españolista, estes discursos están mudando nun sentido máis favorable, ao tempo que en sectores significativos da mocidade se deixa sentir unha nova corrente reivindicativa do idioma do país. Así mesmo, no seo das correntes galeguistas estase verificando unha notable mudanza de estratexias, e adóptanse outras máis eficaces para chegar a sectores sociais amplos. Sorprendentemente por primeira vez, a macro-enquisa do IGE 2018 non recolle un retroceso do uso do galego, senón un estancamento do proceso de substitución. Será isto o anuncio dun cambio de tendencia esperanzador? O tempo dirá.

De certo, o idioma propio de Galicia —propio porque aquí naceu— continúa a ser a lingua minorizada de Europa cunha porcentaxe maior de falantes sobre o conxunto da poboación. Pero para non perdermos esta honrosa situación cómpre que reflexionemos todos e cada un dos cidadáns e cidadás, e moi especialmente os responsables políticos e institucionais se estamos facendo todo o posible e o necesario —o imprescindible— para que as persoas galegofalantes, desde a súa infancia ata súa vida adulta, nos lugares de estudo e de traballo e nos ámbitos de lecer, nas diferentes facetas da súa vida diaria, poidan desenvolverse en liberdade e en igualdade. Que non se fixo? Que se fixo mal? Que se puido facer mellor? E, sobre todo: que resta por facer? Os traballos que ofrecemos, sine ira et studio, pretender botar algo de luz para atoparmos respostas a estes interrogantes.

 

____

Editorial: Galaxia 2022

Idioma: Galego

GRIAL 233. O GALEGO: DESAFÍOS DO PRESENTE

Item no : 61313582002
sold recently : Login >>
US$ 13.00
Pay in 4 interest-free payments of $3.25 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 20 - Jun 25

Enjoy 20% off shipping

US$ 13.00

1-11

US$ 11.70

12-35

US$ 9.10

36-59

US$ 7.80

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches