20% OFF shipping at www.midwoodautocraft.com on orders over $79 + up to 10% OFF products
www.midwoodautocraft.com
home > XEÓRXICAS > XEÓRXICAS
download picture
XEÓRXICASA edicin definitiva das Xerxicas componse de catro libros, todos eles de extensin semellante, arredor dos cincocentos versos. O libro primeiro brese cunha dedicatoria a Mecenas na que o poeta introduce xa os temas dos que vai tratar ao longo da obra: traballo da terra, cultivo da vide, gandera e coidado das abellas. O libro segundo comeza cun himno a Baco, deus do vio, pois nesta parte da obra tratarase do cultivo e do coidado das vias, anda que tamn
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

A edición definitiva das Xeórxicas componse de catro libros, todos eles de extensión semellante, arredor dos cincocentos versos. O libro primeiro ábrese cunha dedicatoria a Mecenas na que o poeta introduce xa os temas dos que vai tratar ao longo da obra: traballo da terra, cultivo da vide, gandería e coidado das abellas. O libro segundo comeza cun himno a Baco, deus do viño, pois nesta parte da obra tratarase do cultivo e do coidado das viñas, aínda que tamén das árbores silvestres e froiteiras, e mais das oliveiras. O libro terceiro ábrese cunha nova invocación aos deuses, desta volta a Pales e a Aristeo. Virxilio advirte de que non tratará temas heroicos, de sobra coñecidos polos romanos, senón que abrirá un novo camiño coa súa poesía; vai traer as Musas de Aonia, isto é, da terra de Hesíodo. Virxilio comeza o libro cuarto advertindo de que vai falar sobre o mel, e pedíndolle a Mecenas que atenda tamén a esta parte.

O sentir que subxace á obra é a dignificación do traballo do labrego. Como o propio Virxilio afirma, o campesiño sostén a patria dende o campo, que é unha fonte de alimento para todos. Na Roma contemporánea, azoutada polas guerras civís, é necesario deixar de fundir apeiros para forxar armas; o labrego ten que volver ao seu traballo, que certamente é duro pero necesario.

O traballo sen descanso vese recompensado, en certa medida, pola vida tranquila que leva o labrego, afastado das preocupacións que traen a riqueza e o éxito social, retirado en paraxes naturais que o invitan a vivir feliz, satisfeito xa só polo simple feito de ser quen de procurar o seu propio alimento. O labrego, ademais, conserva os preceptos dos antepasados, respecta o culto aos deuses e coida da súa familia.

As Xeórxicas están escritas en hexámetros dactílicos, mais na nosa tradución optamos pola prosa ante a imposibilidade de crear un texto en galego que mantivese a métrica orixinal e permitise unha lectura fluída.

Publio Virxilio Marón naceu no ano 70 a.n.e. en Andes, unha aldea ao norte de Italia preto de Mantua, no seo dunha familia humilde pero que posuía algunhas terras. Cando Virxilio tiña uns doce anos, trasladáronse a Cremona; alí fixo os primeiros estudos o poeta até que tomou a toga viril no 55 a.n.e. Posteriormente, viaxou a Milán para estudar retórica e outras disciplinas relacionadas co mundo da natureza e o seu coñecemento. Máis adiante continuou a súa formación en Roma, centro neurálxico da vida pública e lugar ideal para desenvolver as habilidades e as artes da elocuencia. Porén, Virxilio pronto se decatou de que o foro non era o seu. Da man de Asinio Polión, home de cultura que se movía polos círculos literarios da época, entrou en contacto cos poetae novi. Así Virxilio comeza a compoñer poemas. O propio autor, nalgunhas destas composicións, despídese da retórica e amosa a súa intención de profundar na filosofía.

Certamente, Virxilio sae rumbo a Nápoles en torno ao ano 50 ou 49 a.n.e. para instruírse con Siro, filósofo epicúreo. A Roma daquel momento pasaba por un momento certamente complicado. As terras paternas en Mantua foron obxecto das confiscacións levadas a cabo a partir do 42 a.n.e., tras a batalla de Filipos, para poder satisfacer as esixencias dos veteranos do exército. Esta perda de patrimonio déixase entrever nas Bucólicas, obra datada entre o 42 e o 39 a.n.e. que consagrou a Virxilio como poeta e que lle abriu as portas dunha nova vida, da man da protección de Mecenas e do propio Augusto. A partir de entón, non terá que preocuparse por cuestións económicas e poderá levar ao máximo desenvolvemento o seu labor literario, lonxe da ruidosa Roma, nas terras de Nápoles. É precisamente neste contorno xeográfico onde o poeta dará forma a outras dúas obras de vital importancia para a historia da literatura: as Xeórxicas e a Eneida.

Virxilio

No ano 19 a.n.e., coa Eneida rematada e lista para recibir as últimas correccións, Virxilio decide viaxar a Grecia para poder ver en directo os lugares que describe na propia obra e así perfeccionar o seu poema. No mes de agosto chegou a Atenas, mais pronto emprendería o camiño de volta aproveitando que Augusto regresaba de Oriente; Virxilio estaba xa moi enfermo, e o 21 de setembro morreu en Bríndisi, cidade italiana da costa do Adriático. Os seus restos mortais foron levados a Nápoles, onde descansan até o día de hoxe.

____

Editorial: Rinoceronte 10-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 138
POESÍA

XEÓRXICAS

Item no : 67154555607
sold recently : Login >>
US$ 20.14
Pay in 4 interest-free payments of $5.04 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 21 - Jun 26

Enjoy 20% off shipping

US$ 20.14

1-11

US$ 18.13

12-35

US$ 14.10

36-59

US$ 12.08

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches