Shopping security
O discurso da ciencia, todo ao longo da súa historia, acompáñase a miúdo de ilustracións gráficas, sexan do propio científico ou dun artista, con límites difusos entre os dous roles. Obtense así a mellor comprensión polo efecto combinado das palabras e as imaxes, sen que sexa fácil moitas veces distinguir cal das dúas formas de comunicación -verbal e visual- é o apoio da outra. Arte e ciencia en Galicia presenta cincuenta e cinco exemplos gráficos que levan desde o século XII ata o XX, con láminas reproducidas a color acompañadas de explicacións para situar o traballo no artístico, no científico e no cultural. Estes exemplos, diversos en épocas, temas e técnicas, evidencian que a histórica transmisión do saber mantén vivas as imaxes, ese milagre dos sentidos que serviu de inspiración a pintores e poetas pero que tamén os grandes científicos souberon encher de contido. Contén 55 láminas que conteñen unha ficha na que se incluen datos precisos para situala tanto na historia da ciencia e da técnica como no momento correspondente dos estilos ou técnicas de debuxo, gravado ou reprodución.
Arte e ciencia. A ilustración gráfica na ciencia.
Historia da ilustración gráfica na ciencia e na técnica.
A época medieval
Os tempos modernos
Idade contemporánea
A ilustración cientifica e técnica en Galicia
____
Editorial: USC 2013
Idioma: Galego
Páxinas: 139
Ships within 48 hours · Estimated delivery Jul 8 - Jul 13
US$40
Get nowSign up to your membership to get coupons up to
15%
Get nowOpportunity to enjoy order discount up to 15% off
Top-Converting Item to Boost Your Average Order