20% OFF shipping at www.midwoodautocraft.com on orders over $79 + up to 10% OFF products
www.midwoodautocraft.com
home > O MONO XOUTH > O MONO XOUTH
download picture
O MONO XOUTH'O mono Xouth' unha novela pioneira da literatura fantstica en grego moderno. Cntrase nas peripecias de Xouth, un enigmtico escritor e viaxeiro alemn que acabou metamorfoseado nun orangutn e posto ao servizo dun home grego europeizado que se finxe nobre. Cabe salientar, por outra banda, que a presente traducin ao galego (a cargo de Alfonso Blanco) a primeira a unha lingua ibrica e a primeira tamn a unha lingua romance. Esta novela, cuxa traducin ao
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

'O mono Xouth' é unha novela pioneira da literatura fantástica en grego moderno. Céntrase nas peripecias de Xouth, un enigmático escritor e viaxeiro alemán que acabou metamorfoseado nun orangután e posto ao servizo dun home grego europeizado que se finxe nobre. Cabe salientar, por outra banda, que a presente tradución ao galego (a cargo de Alfonso Blanco) é a primeira a unha lingua ibérica e a primeira tamén a unha lingua romance.

Esta novela, cuxa tradución ao galego é a primeira a unha lingua romance, considérase pioneira da literatura fantástica escrita en grego moderno. Como adianta o título, céntrase nas peripecias de Xouth, un enigmático escritor e viaxeiro alemán que acabou metamorfoseado nun orangután e posto ao servizo dun home grego europeizado que finxe pertencer a unha nobre estirpe.

As peculiaridades do simio a canda sucesivos amos, a crónica satírica das viaxes e o constante intercambio cultural entre Oriente e Occidente sérvenlle ao autor, o irónico e irascible Iakovos Pitsipios, para cuestionar, fuxindo do historicismo e achegándose á picaresca, a autenticidade e a identidade da Grecia posrevolucionaria, inmersa nun clima de constantes cambios sociais e onde a presión de diversas instancias europeas se entendía como opresiva por parte de destacados sectores. Neste sentido, o autor tiña moi presente o termo «hipereuropeización», acabado de cuñar, e consideraba o gusto polos costumes estranxeiros unha sorte de autoodio por parte do pobo grego. Tampouco non era alleo a outro termo irmán: «hiperhelenización».

A través dunha hábil mestura de fantasía e cotiandade, esta obra –inacabada pero autoconclusiva– supón non só unha potente crítica dos costumes da época, senón incluso unha emenda ao concepto de civilización, presentada en forma de alegoría a varias voces; entre elas, sobre todo, a do mono.

Iakovos Pitsipios, fillo dun mestre, naceu na illa de Quíos en 1800, onde cursou as primeiras etapas educativas, incluída a secundaria. Tras os sucesos de 1822, cando, no contexto da Guerra de Independencia de Grecia, os turcos atacaron e masacraron a poboación, el marchou a Constantinopla, onde se formaría, na Grande Escola Nacional.

En 1834 principiou a novela de inspiración romántica I orfani tis Chiou, publicada en 1839, a outra obra de relevo na súa traxectoria como narrador de ficción. Máis adiante, exerceu como profesor de francés no instituto de Ermoupoli, isto é, na capital da illa de Siros, onde tamén se editaría a revista Apothiki ton ofelimon kai terpnon gnoseon, na que en 1848 apareceu unha parte importante desta novela.

Publicou así mesmo libros de didáctica e temática relixiosa. Católico practicante, era partidario da unificación das igrexas Católica e Ortodoxa, se ben baixo a dirección do patriarca ecuménico e non supeditada ao poder papal. No tocante á súa visión nacional, avogaba –e mesmo está considerado un dos seus principais ideólogos– pola reconstitución dunha sorte de Unión Bizantina co sultán otomán no poder. O goberno turco acabaría outorgándolle a distinción de bei, un título honorífico que se aplica co sentido de xefe territorial.

Morreu afogado en Constantinopla, máis concretamente nas augas do Bósforo, talvez vítima dun asasinato; non obstante, a causa rexistrouse como aparente suicidio. En función das fontes, o ano do deceso varía entre 1865, 1869 e 1876.

____

Editorial: Hugin e Munin 09-2024
Idioma: Galego

O MONO XOUTH

Item no : 77356285294
sold recently : Login >>
US$ 17.77
Pay in 4 interest-free payments of $4.44 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 21 - Jun 26

Enjoy 20% off shipping

US$ 17.77

1-11

US$ 15.99

12-35

US$ 12.44

36-59

US$ 10.66

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches