20% OFF shipping at www.midwoodautocraft.com on orders over $79 + up to 10% OFF products
www.midwoodautocraft.com
home > MARGOT > MARGOT
download picture
MARGOTA seora Doradour unha anci da alta burguesa que sente o peso da soidade e as intrigas do mundo, logo de se ver traizoada por quen consideraba unha doncela fiucega. Cando mis enferma se atopa, recibe unha nota da sa afillada, a benxamina da familia Pideleu, o matrimonio de labregos que traballa as sas terras, e acorda que a acoller en Pars como dama de compaa. As, Margot, de tan s quince anos, axia se acostuma nova vida de luxo no barrio parisiense de
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

A señora Doradour é unha anciá da alta burguesía que sente o peso da soidade e as intrigas do mundo, logo de se ver traizoada por quen consideraba unha doncela fiucega. Cando máis enferma se atopa, recibe unha nota da súa afillada, a benxamina da familia Piédeleu, o matrimonio de labregos que traballa as súas terras, e acorda que a acollerá en París como dama de compañía. Así, Margot, de tan só quince anos, axiña se acostuma á nova vida de luxo no barrio parisiense de Le Marais. Coa chegada do único fillo da súa ama, Gaston Doradour, a inocente rapariga, sen saber apenas poñerlles nome aos seus sentimentos, coñece o amor e as ilusións, malia que a fantasía non tarda en romper por mor das diferenzas sociais, o desprezo do mozo e, máis adiante, o compromiso que este adquire coa fermosa señorita De Vercelles.

Con intervencións do narrador en primeira persoa para achegar reflexións de carácter moral e filosófico, a novela incide sobre a inocencia do primeiro amor e a pureza dos sentimentos da mocidade, que contrapón ao carácter curtido nesas lides do mozo, á súa indiferenza e desprezo. Con todo, sitúanse como
pano de fondo as diferenzas sociais, que frustran calquera achegamento e derivan a trama cara á unión de Margot cun home que a ama e comparte o seu status.

TRADUTOR/A:Xavier Senín

Louis Charles Alfred de Musset naceu en París en 1810, fillo de Paul de Musset, secretario do Consello de Estado, e da culta e instruída Adélaïde Foucher. Aos 16 anos comeza estudos de leis e medicina, pero axiña os abandona para se dedicar á literatura. Catro anos despois publica o seu primeiro libro de poemas, Contes d’Espagne et d’Italie, que o converte nunha figura salientable no círculo literario parisiense. En 1833 coñece a George Sand, con quen mantivo unha tormentosa relación ao longo de dous anos que contribuíu a alimentar a lenda dunha vida de escándalos e excesos.

Parte da crítica considera que o mellor da súa produción xurdiu entre os 18 e 28 anos, se ben foi a partir de 1850 cando foi recoñecido como un dos poetas románticos máis importantes do século XIX, representante da figura do creador atormentado pola angustia e a dor, temas que mostra en pezas como Rolla (1833), On ne badine pas avec l’amour (1834) ou Nuits (1835). En 1836 publica La confession d'un enfant du siècle, novela autobiográfica dedicada a George Sand. Ademais, colaborou con regularidade en revistas literarias da época, entre elas a Revue des Deux Mondes, onde de feito, en 1838, aparecería publicada esta obra breve, Margot.

En 1845 o Goberno francés concedeulle unha pensión vitalicia en recoñecemento ás súas contribucións artísticas e literarias, o que lle permitiu vivir comodamente até a fin da súa vida. Morreu en París en 1857, despois dunha prolongada enfermidade pulmonar.

OPINIÓN

Nouvelle francesa (de apenas 80 páxinas) orixinalmente publicada na Revue des Deux Mondes, no 1838. Hugin e Munin segue a actualizar a biblioteca decimonónica, desta volta cunha obra moi característica da literatura do seu tempo: descrición realista das diferenzas sociais, personaxes profundamente definidos, tanto a nivel psicolóxico como sociolóxico e plumas literarias moi ben dotadas para a narración. Todos estes elementos están presentes nesta obra, que se le deseguida e con gran proveito.

César Lorenzo Gil. Biosbardia


_____

Editorial: Hugin e Munin 04-2024
Idioma: Galego

MARGOT

Item no : 89425640144
sold recently : Login >>
US$ 13.50
Pay in 4 interest-free payments of $3.38 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 21 - Jun 26

Enjoy 20% off shipping

US$ 13.50

1-11

US$ 12.15

12-35

US$ 9.45

36-59

US$ 8.10

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches