Shopping security
Unha obra con numerosos datos inéditos sobre a caza do lobo no cuadrante noroeste da Península Ibérica. Foxos é o nome común con que se coñecen en Galicia as trampas históricas construídas para cazar lobos.
Segundo a súa forma e a técnica de captura empregada, clasifícanse en cinco tipoloxías elementais: simple, de converxencia, de dobre converxencia, de cruz e de cabrita, coas súas variables en canto á denominación dialectal.
Editado en galego e castelán, Os foxos do lobo. A caza do lobo na cultura popular é o resultado dun profundo traballo de investigación levado a cabo sobre o terreo polo arqueólogo David Pérez López no cuadrante noroeste peninsular, que é unha zona case exclusiva a nivel mundial e onde mellor se conservan. Unha área localizada ao norte do río Douro e que comprende as comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León, Euskadi e o norte de Portugal. No libro descríbense os métodos de caza empregados tradicionalmente na Península Ibérica para capturar ao animal, así como diversos datos datos inéditos que a converten nunha obra pioneira, ao incorporar, entre outros, fichas coa catalogación técnica de numerosas destas construcións e o traballo de escavación científica, dirixida polo propio autor, sobre un foxo con sorpresa. Todo iso complementado con varios apartados dedicados á bioloxía e comportamento do Canis lupus, mitoloxía e cultura popular, relación coas comunidades agrogandeiras, a batida, análise e características de cada tipoloxía de foxo, arquitectura do pastoreo, descrición doutras técnicas tradicionais de caza do lobo, etc. En fin, unha obra que non deixará indiferente ao lector, achegándolle todos os datos necesarios para entender a relación home-lobo ao longo da historia. Un libro respectuoso co animal e coas persoas, no que se achegan propostas para lograr o equilibrio entre estes dous protagonistas.
____
Editorial: Libros Canela 10-2010
Idioma: Castellano
Páxinas: 491
ENSAIO
HOME LOBO
ANTROPOLOXÍA
Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 20 - Jun 25
US$40
Get nowSign up to your membership to get coupons up to
15%
Get nowOpportunity to enjoy order discount up to 15% off
Top-Converting Item to Boost Your Average Order