20% OFF shipping at www.midwoodautocraft.com on orders over $79 + up to 10% OFF products
www.midwoodautocraft.com
home > GRIAL 244 > GRIAL 244
download picture
GRIAL 244Unhas letras para Cilistro MARA XESS VZQUEZ LOBEIRAS O conxunto de estudos que se abordan neste monogrfico de GRIAL que pecha o ano, comprende traballos de persoas que nos dedicamos filosofa universitaria e, con mis ou menos fortuna, tamn tarefa de pensar, ben que con tan escasa coma non indesexable repercusin fra das nosas aulas e das nosas vidas. Hai tamn un cuarto traballo dunha filloga e investigadora rosaliana, a quen precede a sa sona como
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

Unhas letras para Cilistro
MARÍA XESÚS VÁZQUEZ LOBEIRAS
O conxunto de estudos que se abordan neste monográfico de GRIAL que pecha o ano, comprende traballos de persoas que nos dedicamos á filosofía universitaria e, con máis ou menos fortuna, tamén á tarefa de pensar, ben que con tan escasa coma non indesexable repercusión fóra das nosas aulas e das nosas vidas. Hai tamén un cuarto traballo dunha filóloga e investigadora rosaliana, a quen precede a súa sona como muller que pensa.
Xuntámonos aquí co gallo de dedicarlle unhas letras á primeira figura indiscutible do pensamento galego: Celestino Fernández de la Vega (1914-1986), Cilistro, posición gañada, sabemos que sen pretendelo, en virtude do rango filosófico da súa obra principal, O segredo do humor (Ed. Galaxia, 1963), así como do brillo e elegancia dos textos breves publicados postumamente baixo o título de Ensaios a proba do tempo (Ed. Galaxia, 2009), sen esquecer a audacia da súa edición de Heidegger: Da esencia da verdade (Ed. Galaxia, 1956), que confrontou a censura franquista co gallo de anoar o pensamento galego ao centroeuropeo.
Cilistro non produciu unha obra extensa, pero afitou o tiro ao tratar o tema que lle propuxeron os editores de Galaxia: o humor. Pero Cilistro non fixo o que lle pediron, non investigou só sobre o humorismo galego, senón que abordou o tema dun xeito universal e con tanta fondura como rigor, como non podía por menos que facelo unha cabeza xenuinamente filosófica.
Baixo este impacto xorden os traballos deste número: Antonio Blanco Salgueiro confróntanos coa actualidade do tema do humor no ámbito da filosofía da linguaxe de tradición anglosaxoa e oriéntanos sobre a retranca dende a óptica da teoría dos actos de fala de Austin. Amoesta levemente a Cilistro por esquecer que, precisamente, a fala cotiá é camiño aberto onde nace o humor, sobre todo se o debemos considerar como expresión da mentalidade dun pobo nunha situación sociohistórica determinada.
Máis próximo á tradición filosófica continental, Óscar Parcero Oubiña pondera o fenómeno do humor como limiar, é dicir, como unha especie de non-lugar entre outros ou como un lugar de non doado acomodo. Revisa a interpretación que fai De la Vega de Nietzsche, Schopenhauer, Bergson…, e loa a súa interpretación da novela cervantina, que ben podería ser merecente da interlocución de especialistas de tanto prestixio como Iffland. Lamenta, con todo, a escasa atención dedicada por Cilistro a Kierkegaard e mesmo o desacerto de telo despachado nunha frase na que cualifica o dinamarqués de home nada humorista.
Quen asina esta introdución, regresa ao Lugo dos faladoiros de Cilistro e Fole, o Lugo do Círculo das Artes e do diario El progreso, en que a fantasía de Fole forxa o personaxe de Don Fabulón, estrambótico humorista que, igual que Cilistro, desenvolve unha teoría sobre o humor a partir do desdobramento do eu. Reconstrúe tamén as claves, tanto filosóficas como interdisciplinarias, d’O segredo do humor e distánciase da apropiación que Cilistro fai da interpretación heideggeriana da época moderna.
María Xesús Lama López apunta cara á fecundidade do pensamento de Fernández de la Vega sobre o humor, que pode inspirar unha relectura de Rosalía, considerando a presenza deste na obra da nosa poeta máis universal. Subliña a aproximación tanto de Cilistro coma da Rosalía de El caballero de las botas azules a O Quixote baixo a óptica dun humorismo solidario, humilde, caritativo e humanizante. No tocante á lírica rosaliana, analiza o terceiro cantar de Cantares gallegos e o poema “Xan”, de Follas novas, achegándonos por tras destas composicións a presenza dese sorriso rosaliano tan rico en matices reflexivos, que ben podería encarnar aquilo sobre o que Celestino filosofa.
Convidamos os lectores e as lectoras a mergullárense nestas letras dedicadas a Cilistro, acollidas xenerosamente por este número de GRIAL, pero non queremos renunciar a unha arela de arraigo forte, e que en realidade é o que nos move a publicar este conxunto de traballos: queremos unhas Letras Galegas para Celestino Fernández de la Vega, unhas Letras Galegas que lle rendan a homenaxe que merece, que lle fagan chegar o recoñecemento da nosa sociedade aos seus familiares, en particular á súa benquerida muller e compañeira de vida María Luísa Maceda, viúva de Fernández de la Vega, que xa está máis preto dos cen anos que dos noventa, que tanto quixo e tanto quere o noso filósofo e que ?ela si? merece celebrar o que non lle levou o río: sempre connosco!


____
Editorial: Galaxia 12-2024 
Idioma: Galego
Páxinas: 184

GRIAL 244

Item no : 97189865459
sold recently : Login >>
US$ 13.50
Pay in 4 interest-free payments of $3.38 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 20 - Jun 25

Enjoy 20% off shipping

US$ 13.50

1-11

US$ 12.15

12-35

US$ 9.45

36-59

US$ 8.10

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches